PAGES

Thursday, April 4, 2013

Italian students visit the Eurocity Chaves-Verin

Alumnos italianos visitan a Eurocidade Chaves-Verín dentro do programa educativo Comenius por Eurocidade Chaves-Verín (Notas) el miércoles, 3 de abril de 2013 a la(s) 13:39 Ata o domingo 7 de abril, vintecatro alumnos/as do Statale Marco Belli de Portogruaro (Venecia), acompañados de catro profesores/as, unha vintena de estudantes do IES Taboada Chivite e educadores do mesmo centro visitan a Eurocidade Chaves-Verín, para continuar a desenvolver proxecto 'Xóvenes estudantes en Europa', enmarcado dentro do programa educativo Comenius. Durante esta primeira xornada, alumnos/as e profesores dos dous centros educativos foron recibidos polo tenente de alcalde de Verín, Enrique Díaz García, que lles deu á benvida ao municipio, ademais de asistir a un concerto de música clásica a cargo do profesor David Rodríguez e alumnos/as participantes no Comenius e visitar os balnearios locais. Xa mañá desprazaranse a Chaves, previa parada na sede da Eurocidade, onde o coordinador técnico Pablo Rivera amosaralles os diferentes proxectos que se están a desenvolver no ámbito da Eurocidade. Durante os restantes días, ademais de presentar os traballos realizados, os/as estudantes e profesores/as visitarán Santiago de Compostela e os recursos patrimoniais de Verín. O proxecto 'Xóvenes estudantes en Europa', realizado durante dous cursos lectivos (20012-2013) e no que tamén participou o Instituto VUC de Lynby (Copenhague), naceu co obxectivo de estudar diversos temas de traballo como o estado de benestar (prestando atención a crise económica mundial), a dimensión intercultural a través do cine, a auga e os personaxe do Entroido nas zonas de Verín e Veneto (Italia). Ademais, devandito proxecto permitiu aos máis de sesenta alumnos participantes neste promover a aprendizaxe do inglés, lingua vehicular do mesmo. Este proxecto efectuouse a través de internet, coa publicación dos resultados nunha páxina web propia, e a realización de encontros entre os/as estudantes dos diferentes países, que permitiron coñecer novas culturas e estreitar lazos de amizade. A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

No comments:

Post a Comment